CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Estrilda de cara laranxa (Estrilda melpoda)

Descrición

Ave de pequeno tamaño que alcanza no seu estado adulto 10 cm. Ten vivamente coloreados o peteiro e a meixela, igual que a rabadilla, dun ton laranxa-amarelado. O resto da cabeza, peito e ventre teñen unha cor gris e as ás e a cola son de cor marrón escura.

Son paxaros vivaces, moi activos, que se moven en buliciosos grupos da mesma especie ou con outras estrildas.

Reprodución

Os machos emiten un pequeno cantaruxo durante a época de reprodución.

Alimentación

Dieta granívora (principalmente gramíneas), enriquecida na época de cría con insectos e froitas.

Hábitat

Pasteiros, zonas de cultivo, pantanos, bosques, xardíns, etc. Presenta predilección polas zonas abertas.

Distribución

Probablemente criando en Galicia, aínda que sen confirmación.

Nome común Estrilda de cara laranxa Nome científico Estrilda melpoda Clase Aves Familia Estrildidae

Documento/s relacionados
Subir