CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Cata da Argentina (Myiopsitta monachus)

Descrición

Ave de mediano tamaño (28-30 cm) e longa cola. Principalmente verde, pero con papo e peito agrisados; presenta rémixes de cor verde azulada que destacan en voo. A fronte é de cor gris nos exemplares adultos, mentres que nos novos é verdosa. Gústalle vivir en grupos.

Reprodución

As parellas formadas serano para toda a vida. As femias, en solitario, constrúen uns niños moi grandes (de ata 1-2 m de diámetro e 150 kg de peso) e peculiares, formados por distintas cámaras nas cales poden aniñar varias parellas. Realizan unha posta de 5-8 ovos que incuba a femia durante aproximadamente 25 días.

Alimentación

Aliméntase principalmente de sementes e froitos de plantas, tanto silvestres como cultivadas, complementando a súa dieta con flores e insectos. Pode ser unha praga para algúns cultivos.

Hábitat

Debido á súa gran resistencia e adaptabilidade, algúns animais liberados ou fuxidos lograron establecer as súas colonias en varios tipos de ambientes, como bosques, chairas, zonas de cultivos, parques e xardíns, todos eles con presenza de masas de auga corrente ou estancada.

Distribución

Aínda que se distribúe principalmente polo Mediterráneo, en Galicia tamén logrou establecerse en núcleos dispersos, xeralmente próximos a zonas urbanas. A primeira colonia establecida no noso territorio foi detectada nas Gándaras de Budiño (Pontevedra), probablemente constituída por aves chegadas de Portugal. Neste lugar existe unha importante poboación establecida. Na actualidade parece que a especie tende a desprazarse cara ao norte a través do litoral.

Nome común
Cata da Argentina
Nome científico
Myiopsitta monachus
Clase
Aves
Familia
Psittacidae

Documento/s relacionados
Subir