CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Aprendizaxe Internacional

Desde a perspectiva da Unión Europea, o proxecto inclúe unha serie programada de reunións de traballo e servizos de asesoramento entre os socios, de xeito que a participación nesta aprendizaxe interrexional serva para coñecer as mellores prácticas que se están a implementar en cada país co fin de avaliar a súa posible aplicación ou adaptación a propia rexión.

Estas visitas de estudo permiten que os actores dun pais se reúnan cos actores dos distintos territorios dos oito socios de BioGov e que poidan discutir sobre o terreo as propostas de mellora das políticas que se están implementando co fin de diminuír a perda da biodiversidade e dos valores paisaxísticos.

Cada servizo de asesoría entre socios centrase nun reto rexional específico do socio anfitrión.

O socio e os actores do país anfitrión integrarán as recomendacións resultantes do traballo de asesoría aportadas polo socio que se despraza na visita estudo nos seus plans de acción rexionais.