CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Informe nº 3 do PSST

O Plan de seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia e da sustentabilidade territorial (Decreto 176/2013, do 21 de novembro) establece unha metodoloxía de traballo e un procedemento cos departamentos implicados, co obxecto de dar a coñecer periodicamente información contrastada permita que facer unha prospectiva e así poder manter ou corrixir as políticas e actuacións na Comunidade Autónoma de acordo cos obxectivos formulados nas DOT.

O contido do Informe describe a situación e evolución dos distintos parámetros analizados, organizados en áreas de estudo. A análise abórdase dende as tres ferramentas de avaliación que inclúe o plan; os indicadores IDI, IST e a Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU).

Cos resultados conseguidos elaborouse o terceiro Informe de Seguimento, aprobado pola Comisión de seguimento o 21 de decembro de 2016, que se estrutura nos seguintes epígrafes e anexos:

  1. Desenvolvemento das DOT e da sustentabilidade territorial
  2. Eficacia das Directrices de Ordenación do Territorio
  3. Desenvolvemento da Lei de Paisaxe de Galicia
  4. Conclusión

Anexos

Anexo I    Traballo desenvolvido cos GTT/ Valoración e tendencia dos indicadores

Anexo II   Indicadores de Desenvolvemento e Implantación (IDI)

Anexo III  Indicadores de Sustentabilidade Territorial (IST)

Anexo IV  Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU)

Anexo V   Metodoloxía

Documento/s relacionados
  • Informe nº3 do PSST (formato PDF) Descargar  (4.000 KB)
  • Anexo I (formato PDF) Descargar  (793 KB)
  • Anexo II (formato PDF) Descargar  (13.000 KB)
  • Anexo III (formato PDF) Descargar  (239.090 KB)
  • Anexo IV (formato PDF) Descargar  (816 KB)
  • Anexo V (formato PDF) Descargar  (1.194 KB)