O Plan de seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia e da sustentabilidade territorial (Decreto 176/2013, do 21 de novembro) establece unha metodoloxía de traballo e un procedemento cos departamentos implicados, co obxecto de dar a coñecer periodicamente información contrastada permita que facer unha prospectiva e así poder manter ou corrixir as políticas e actuacións na Comunidade Autónoma de acordo cos obxectivos formulados nas DOT.
O contido do Informe describe a situación e evolución dos distintos parámetros analizados, organizados en áreas de estudo. A análise abórdase dende as tres ferramentas de avaliación que inclúe o plan; os indicadores IDI, IST e a Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU).
Cos resultados conseguidos elaborouse o cuarto Informe de Seguimento (Informe), aprobado pola Comisión de seguimento o 09 de febreiro de 2018, que se estrutura nos seguintes epígrafes e anexos:
Anexos
Anexo I Traballo desenvolvido GTT/ Valoración e tendencia dos indicadores