CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

O Instituto de Estudos do Territorio é un organismo autónomo dos regulados na sección 2ª do capítulo II do título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Está adscrito organicamente á consellaría competente en materia de ordenación do territorio.

O Instituto de Estudos do Territorio ten por obxecto a análise, o estudo e o asesoramento en materia de urbanismo e ordenación do territorio. As funcións do Instituto de Estudos do Territorio, que entenderanse sen prexuízo das que lles correspondan aos órganos urbanísticos da Comunidade Autónoma, son as seguintes:

a) Realizar traballos de investigación, análise, estudo e difusión sobre urbanismo e ordenación do territorio.

b) Prestar asistencia e asesoramento aos concellos de Galicia para a elaboración do planeamento urbanístico e a xestión e execución do planeamento, a fin de implementar as políticas da paisaxe na planificación urbanística e territorial.

c) Prestar apoio á consellaría competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.

d) A recompilación e o tratamento da información do territorio galego, así como a produción cartográfica para as diferentes consellarías e organismos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente en materia agraria e de desenvolvemento rural.

e) O apoio e o asesoramento á Xunta de Galicia en materia de paisaxe e de colaboración e coordinación con outras administracións e sectores da sociedade.

f) Delimitar as grandes áreas paisaxísticas sobre as que se desenvolverán os catálogos da paisaxe e elaborar os catálogos da paisaxe de Galicia.

g) Formar, sensibilizar e concienciar a sociedade galega na necesidade de protexer e xestionar debidamente as nosas paisaxes.

h) Avaliar o estado de conservación das paisaxes de Galicia, analizar as súas transformacións e previsible evolución e realizar estudos e propostas en materia de paisaxe.

i) Promover a colaboración e a cooperación en materia de paisaxe, sobre todo mediante asistencia científica e técnica mutua, e intercambios de experiencias con fins de formación e información.

j) O seguimento de iniciativas de investigación e difusión de coñecementos de ámbito estatal, europeo e internacional en materia de paisaxe.

k) Fomentar o intercambio de información e experiencias, así como a asistencia científica e técnica mutua en materia de paisaxes transfronteirizas. l) Elaborar cada catro anos un informe sobre o estado da paisaxe en Galicia, que a Xunta de Galicia presentará ao Parlamento de Galicia.

Ligazon/s relacionadas