CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Borrador de PXOM

O borrador do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) é un documento que debe conter as liñas esenciais do planeamento para permitir a súa análise ambiental e urbanística.

O Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia especifica o seu contido no artigo 145.

Ademais, o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia (RLPPG) establece que a documentación que se elabore para dar inicio ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (o borrador ou o documento inicial estratéxico) incluirá os seguintes contidos:

• Estudo da paisaxe (artigo 35)
• Estudo da paisaxe urbana, agás que no municipio non exista ningún núcleo urbano (artigo 36)
• Descrición e xustificación dos impactos sobre a paisaxe que pode producir a ordenación do instrumento (artigo 38.1.a)
• Xustificación da adecuación ou cumprimento do instrumento cos instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe (artigo 38.1.b)
 

Modificación do PXOM
Cando se pretenda tramitar a modificación dun plan xeral xa aprobado o contido do borrador poderá variar en función do tipo e do alcance da dita modificación.

Formato de entrega

A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, organizada en dúas carpetas (PDF e EDIT).

Contacto/s relacionados