CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Documento inicial do proxecto

Os proxectos que se someten ao procedemento de avaliación do impacto ambiental ordinaria, nos que o promotor solicita potestativamente, e fora do procedemento de avaliación ambiental, o documento de alcance e contido do estudo de impacto ambiental, o propio promotor deberá elaborar (por técnico cualificado) o documento inicial do proxecto que deberá incluír como mínimo, a seguinte información (artigo 34.2 segundo o texto consolidado da Lei 21/2013):

 

  •  A definición e as características específicas do proxecto, incluida a súa ubicación, viabilidade técnica e o seu probable impacto sobre o medio ambiente, así como un análise preliminar dos efectos previsibles sobre os factores ambientais derivados da vulnerabilidade do proxecto ante riscos de accidentes graves ou de catástrofes.

  • As principales alternativas que se consideran e un análise dos potenciais impactos de cada unha delas.

  • Un diagnóstico territorial e do medio ambiente afectado polo proxecto.

O documento inicial someterase a consultas polo prazo de 20 días hábiles para que sexan aportadas aquelas cuestións ambientáis que se considere, deban incluirse no estudo de impacto ambiental.

Non tratándose dunha información pública polo que non caben alegacións, que, de presentarse non poderán ser tidas en conta na elaboración do documento de alcance e contido do estudio de impacto ambiental.

Nota: Cando se trate do proxecto dunha explotación gandeira no documento de inicio deberase especificar o cálculo da súa capacidade (número máximo de prazas), segundo o indicado na Guía para o cálculo da capacidade das instalacións de gandería intensiva. Para saber máis pinche nesta ligazón.