CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Solicitan licencia de apertura para a actividade seguinte: aluguer de vehículos con ou sen conductor, ademais da conpravenda dos mesmos. A promoción e captación de clientes se fai a través de internet, polo que pretenden a apertura dun local en Vilarmaior como punto de atención a clientes e central administrativa, dedicando o local a labores comerciais de atención a clientes e xestión administrativa. ¿É necesario o trámite de avaliación ambiental?

Se se trata dunha mera oficina administrativa, tal e como se indica no encunciado sen exposición no establecemento de vehículos para a venda, trataríase dunha mera oficina polo que estaría excluída, segundo o anexo III (4.5) do Decreto 133/2008 do dictame de incidencia ambiental.

Con respecto ás actividades que non están expresamente incluídas nin excluídas do disposto no Decreto 133/2008, deben remitirse á consellería para que esta decida o sometemento ou non da actividade de que se trate a AIA? ou decide o concello se procede ou non?

Si, o apartado segundo do punto 2 do artigo 2 establece que a Consellería competente en materia de medio ambiente decidirá sobre a necesidade ou non da avaliación das actividades non incluídas no anexo I que merezan a consideración de molesta, insalubres, nocivas e perigosas, para elo é necesario coñecer os datos básicos do proxecto.

¿Un velatorio promovido por unha Asociación de veciños, está suxeito a avaliación de incidencia ambiental?

Non.

No caso de unha actividade que se leva exercendo dende hai tempo nun polígono industrial, e que conta coa licencia inicial de activiade, pero non coa definitiva, xa que na visita de comprobación constátase que existe diferencias importante co proxecto aprobado...¿ Deberase esixir o cumplimeto de decreto 133/2008 no proxecto de legalización?

Se a solicitude de licenza de actividade é anterior á data de entrada en vigor do Decreto 133/2008, é dicir, ó 22 de xullo, continuará o seu trámite segundo a normativa anterior.

Teño unha dúbida sobre o procedemento a seguir naqueles casos de actividades incluídasno Anexo III, concretamente en relación coa documentación que deben presentar neses casos. ¿Sería aplicable a relación de documentación do artigo 7 para as actividades do Anexo III? Grazas. Ignacio L. Fernández Veiga Servizo de Medio Ambiente

En principio, ao tratarse de actividades excluídas do dictame de incidencia ambiental o Concello unicamente deberá esixirlle ao solicitante a presentación daquela documentación que este precise para outorgar a licenza. Pola contra, naqueles supostos onde exista dúbida de se actividade está ou non excluída deberá esixirlle tamén a presentación da documentación recollida no artigo 7 do Decreto 133/2008.

Segundo o Artigo 3 Modificación substancial: "Con fin de cualificar a modificación substancial dunha actividade xa autorizada terase en conta a maior incidencia...". A miña pregunta é, cando di "xa autorizada" refírese á licenza obtida antes da entrada en vigor do Decreto 133 (licenza segundo o RAMINP) ou refírese a actividades con licenza segundo este Decreto? Se a miña actividade ten licenza segundo o Ramin, e dende que se obtivo ata a entrada en vigor deste Decreto,experimentou un dos aspectos definidos no Art 3, estaría sometida ao procedemento de licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental por modificación substancial segundo o D. 133/2008 ? Gracias

Cando se di "xa autorizada" no artigo 3.1 do Decreto refírese a que posúa licenza de actividade con independencia da norma respecto á que foi outorgada, é dicir, con independencia de se foi polo RAMINP ou polo Decreto 133/2008. Polo tanto, se a actividade da cuestión proposta con licenza do RAMINP sufre unha modificación substancial do artigo 3 do novo Decreto está sometida ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental segundo o artigo 2.1 do Decreto 133/2008.

Están subxeitas ó Decreto 133/2008 de AIA as discotecas, salas de festas e pubs?

As discotecas, pubs e similares unicamente están excluídas (Anexo III.4.1) do procedemento de avaliación da incidencia ambiental se non producen perturbacións, pois de ser así, serán sometidas ao dito procedemento, segundo o artigo 2.2 do Decreto 133/2008, ao tratarse dunha actividade molesta.

En caso de una nueva actividad que se encontraria clasificada dentro del decreto 133/2008, pero también en el anexo de la IPPC. Que procedimiento de estos se debe seguir para obtener los correspondiente permisos ambientales.

O procedemento establecido para o outorgamento da autorización ambiental integrada segundo o artigo 29 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, sen prexuízo da resolución definitiva da autoridade municipal que, en todo caso, deberá ser emitida.

Se solicita en el Ayuntamiento licencia para apertura de un local destinado a Lavado de vehículos, ¿estaría sometido al procedimiento de evaluación de incidencia ambiental?. ¿Cual es el procedimiento y los requisitos necearios para solicitar la delegación de la Consellería al Ayuntamiento, según lo establecido en el art. 5 del Decreto 133/2008, para la competencia de decisión de la necesidad o no de evaluación de incidencia ambiental, de las actividades contempladas en el punto 2 del art. 2.?.

Parece que se trata dun local só para lavado ( sen gasolineira ou estación de servicio) e dado que estas instalacións non están nin incluídas (Anexo I) nin excluídas expresamente (Anexo III) da tramitación do Decreto133/2008, haberá que valorar en cada caso os criterios do AnexoII por se podería resultar molesta, insalubre, nociva ou perigosa, do artigo 2.2 do Decreto, caso no que tería que someterse ao procedemento de avaliación da incidencia ambiental.

Respecto á delegación dicir que é necesaria unha solicitude do Concello, xunto coa acreditación de que conta cos medios para desenvolver a competencia que se pretende delegar e so pode abranguer as actividades do artigo 2.2 do Decreto e a competencia de decisión da necesidade ou non da avaliación de incidencia ambiental daquelas actividades que non figuran no Anexo I como expresamente incluídas. O procedemento está regulamentado, principalmente, nos art 182 a 185 da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia.

Actividade destinada a granxa de engorde de polos, con licenza outorgada segundo o RAMINP. Solicítase a súa ampliación ao abeiro da Disposición Transitoria 11 da Lei 9/2002, do 30 de decembro. Pasa de 31.000 aves a 47.500. É necesario sometela a avaliación de incidencia ambiental?

Si; a granxa incrementa a súa capacidade productiva en máis dun 50% sendo una modificación substancial sometida a dictame de avaliación de incidencia ambiental.

 

Subir