CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Introdución

Nesta páxina poderá encontrar toda a información necesaria para o cidadán na súa defensa fronte á contaminación acústica

A contaminación acústica é, sen dúbida, un importante problema medioambiental ao que se enfronta a sociedade actual.

O ruído pode definirse como o son molesto. E pode chegar a ser nocivo para a saúde das persoas. Cando hai transmisión de movemento ás partículas que forman os corpos fálase de vibracións.

O conxunto de ruído e vibracións coñécese como contaminación acústica.

É necesario un cambio urxente nas actividades humanas para reducir os altos niveis de ruído que se acadan nos nosos días. O que sen dúbida será positivo tamén para a nosa saúde. Todos debemos realizar un esforzo: dende as autoridades ata cada un dos cidadáns.

Fronte á contaminación acústica… urxe non estar calados!

Cada día acádase máis conciencia de responsabilidade e control fronte ao ruído. As leis incorporan límites permitidos para ruído e vibracións, baseados en análises cada vez máis completas da avaliación da contaminación acústica, permitindo uns valores máis axeitados para a convivencia dos cidadáns, así como para a saúde dos mesmos. Pero é a concienciación de todas as persoas no seu conxunto e de cada unha en particular, o que será máis efectivo para mitigar os altos niveis de ruído que se acadan hoxe en día.

A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, posúe, en varios dos seus Servizos, grupos dedicados á xestión do ruído. Desde a información ata a intervención. Pero son sobre todo os concellos os responsables de facer cumprir a lei por medio das súas ordenanzas, por elo a Xunta de Galicia colabora con eles para proporcionarlles soporte, se é necesario, no correcto desenrolo da súa labor.

Nesta páxina poderá encontrar toda a información necesaria para o cidadán na súa defensa fronte á contaminación acústica.