CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Santiago de Compostela. Reunión do Grupo de Traballo IMPEL sobre a DEI

Durante os días 23 a 25 de outubro de 2019 tivo lugar en Santiago de Compostela o encontro do grupo  IMPEL  sobre a directiva de emisións industirais. 

Participaron 62 expertos ambientais de 21 países da UE, do Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO) e inspectores de diversas CCAA de España. 

A reunión tivo lugar nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, onde o mércoles 23 de outubro, Dª : Mª Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático realizou a apertura do encontro e benvida a tódolos asistentes.  

Trátase dun grupo de expertos públicas na Directiva de Emisións Industriais que traballan nas administracións públicas. O obxectivo  desta reunión é elaborar procedementos e protocolos para asegurar unha homoxénea aplicación da Directiva en toda a Unión Europea. 

Neste encontro se presentaron os avances dos distintos grupos de traballo e identificación das mellores prácticas en:

-          Aplicación das Mellores Técnicas Dispoñíbeis (MTDs) en actividades IPPC, dacordo coa Directiva de Emisións Industriais.

-          Xestión e transporte de residuos,

-          Inspeccións conxuntas

-          Informe Base do solo: control de solo e auga subterránea,

-          Formación continua de inspectores,

-          Escenarios de accidentes ambientais ,

-          Tratamento de augas industriais

-          Olores e emisións industriais.

-          Adaptacións ao cambio climático,

 

A anterior reunión de este nivel en Santiago de Compostela foi en marzo de 2003 e serviu como referente a nivel nacional para a organización e homoxeneización das inspeccións ambientais das Comunidades Autónomas. 

Como actividades complementarias a esta reunión, realizáronse 2 inspeccións conxuntas, con inspectores europeos,  a 2 instalacións industriais sometidas á Directiva de Emisións Industriais. O obxecto éra contrastar a forma de supervisar a aplicación das melloras técnicas dispoñibles para reducir as emisións (MTDs) que esixe as novas decisións comunitarias.

Igualmente, acolleuse un debate, promovido pola Rede Española de Inspección Ambiental (REDIA) xunto coa inspección de Portugal (IGAMAOT), sobre a aplicación das MTDs no sector das granxas de porcino e avícola sometidas á Directiva de Emisións Industriais. Neste debate participaron 34 persoas de 12 paises.

Documento/s relacionados
  • MEETING AGENDA Descargar
  • Benvida Directora Xeral Calidade Ambiental e Cambio Climático Descargar
  • Aspects of BAT Application Workshop Descargar
  • Odours Descargar
  • Presentation Capacity building and training and Report Milieu Descargar
  • Priorities for an IED Implementation Programme 2021 2024 Descargar
  • Syntesis of IRPP_BAT_Discussion Descargar
  • Wastewater presentation Santiago Descargar
  • Joint inspection ferroaloys Descargar
  • Joint inspection Pig farm Descargar
Ligazon/s relacionadas