Os rexistros de emisións son inventarios nos que se asocia a cada fonte contaminante as súas emisións para un período de tempo determinado. Deste xeito ditos rexistros constitúen ferramentas estratéxicas empregadas nas políticas e programas ambientais que permiten fomentar a mellora do comportamento medioambiental, facilitar o acceso do público á información sobre emisións e transferencias de contaminantes ou residuos fóra do emprazamento, seguir a evolución da situación, comprobar a observancia de determinados acordos internacionais, establecer prioridades e avaliar os progresos logrados por medio das políticas e programas medioambientais comunitarios, nacionais e autonómicos.
Que é o rexistro EPER?
EPER son as siglas de European Pollutant Emission Register (Inventario Europeo de Emisións Contaminantes). Os tipos de emisións recollidas en EPER son emisións á atmosfera e emisións á auga.
Porque se realiza?
A Directiva 96/61/CE de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ó control integrados da contaminación (IPPC), establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes.
Este conxunto normativo se trasladouse á lexislación estatal mediante o artigo 8 da Lei 16/2002 polo que se incorpora ó ordenamento interno español a citada directiva.
O 4 de febreiro de 2006 foi publicado o Regulamento (CE) nº 166/2006, que modifica as directivas 91/689/CEE e 96/61/CE, e do que resulta a ampliación das competencias, dos controis a realizar e da información a remitir á administración. Dito Regulamento foi completado mediante o RD 508/2007, de 20 de abril (BOE n96), que engade normas adicionais sobre o subministro da información.
O RD 815/2013, de 18 de outubro (BOE Nº 251), no seu anexo V, modifica o anexo I do RD 508/2007.
Valores umbral de emisión
Os valores umbrais de emisión son os valores fixados pola Comisión Europea a partires dos cales as emisións notificadas por sustancia e por complexo poderá facerse público. A carga emitida polo complexo durante a súa actividade anual, representado en kg/ano de sustancia, será dependente das horas de actividade e do nivel de protección medioambiental do complexo. Non deben de confundirse cos valores límite de emisión establecidos na regulamentación ambiental en vigor.
Estes valores umbral no Rexistro EPER difiren dos valores no Rexistro PRTR.
A quen vai dirixido?
O EPER utilizarase como inventario público para proporcionar información medioambiental sobre as actividades industriais afectadas pola directiva IPPC, e ten os seguintes obxectivos:
Publicidade dos datos
O artigo 4 da Decisión da Comisión de 17 de Xullo de 2000 relativa ó Inventario Europeo de Emisións Contaminantes (EPER) establece o seguinte respecto á publicidade dos datos validados:
O organismo encargado de facer públicos os datos é a Comisión Europea aínda que o Ministerio de Medio Ambiente ou a Consellería de Medio Ambiente pode publica-los datos validados no ámbito das súas competencias.
Que información proporciona EPER?
Cales son as características dos datos?
Có fin de homoxeneizar, todos os valores exprésanse en kg/ano
O valores de emisión poden ser medidos (M), calculados (C) ou estimados (E)
No EPER, atópanse afectadas todas aquelas instalacións que se enumeran no anexo I da Lei 16/2002. Nel están clasificadas as actividades por sector de actividade. Cada sector pode estar afectado ao completo ou en función do valor dun parámetro característico.
As normativas xa citadas na táboa 1 teñen o seu efecto sobre un conxunto de sectores que se resumen na seguintes táboas:
INSTALACIÓNS AFECTADAS POLA LEI 16/2002 (IPPC) (EPER - ata 2007)
Os contaminantes a declarar e controlar serán os do Anexo I da Decisión 479/2000/CE, para as emisións dos anos 2005 e 2006.
No E-PRTR, atópanse afectadas todas aquelas instalacións que se enumeran no anexo I do Regulamento (CE) nº 166/2006. Nel están clasificadas as actividades por sector de actividade. Cada sector pode estar afectado ao completo ou en función do valor dun parámetro característico.
Coa publicación no ano 2007, por parte do Estado, dos RD 508/2007 e 812/2007, o rexistro E-PRTR pasou a formar parte do ordenamento xuridico español. No seguinte ficheiro se relatan os sectores afectados e a relación coa Lei 16/2002 (pdf).
INSTALACIÓNS AFECTADAS POLO REGULAMENTO (CE) nº 166/2006 (PRTR – información no 2007 e sucesivos)
Os contaminantes a controlar son os que se citan no Anexo II do Regulamento (CE) nº 166/2006, e terán que ser declarados para as emisións do ano 2007 e sucesivos.
Nota: O Regulamento (CE) nº 166/2006 entra en vigor o 24 de febreiro de 2006, e será de aplicación ás emisións de sustancias contaminantes realizadas no ano 2007.