CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Rexistro galego de emisións-CAPCA

Este servizo substitúe o Libro de Rexistro de Medicións de Emisións Contaminantes á Atmosfera. Tamén regula o proceso de notificación sinalado na Lei 34/2007.

As actividades consideradas existentes segundo a dita lei  e con obrigas de autorización deberán estar rexistradas no GAIA eREGADE, remitir a información necesaria para completar o seu rexistro e alcanzar o estado ACTIVO

As medidas de emisións relativas aos controis periódicos deben ser introducidas nesta aplicación, para isto deberá poñerse en contacto co Organismo de Control Autorizado que lle faga as medicións, para que lle asesore no procedemento.

Quedan excluídas do proceso de realización de medidas periódicas, as actividades que non se atopen no Anexo CAPCA-2010 do RD 100/2011, e aquelas sen grupo asignado e que, segundo o criterio do órgano competente da Xunta, non se lle engada dita esixencia.

A maiores quedan excluídas da realización de controis periódicos os seguintes focos:

  • Caldeiras de calefacción de potencia inferior a 2,3 MW. Non están excluidas as instalacións de potencia superior a 1 MWt postas en marcha a partir de 2018.
  • Caldeiras de combustión industrial, con combustible diferente a gas natural, de potencia inferior a 250 kW.
  • Caldeiras de combustión industrial alimentadas con gas natural de potencia inferior a 700 kW.
  • Instalacións de combustión en Explotacións Gandeiras (≤ 500 kWt).
  • Instalacións que non provoquen contaminación sistemática (segundo o artigo 2.i) do RD 100/2011).

Onde se cita a potencia máxima para a exclusión faise referencia á potencia térmica nominal máxima da instalación de combustión.

Esta exclusión na realización das medidas está relacionada co rexime xurídico da Lei 34/2007 e o Real decreto 100/2011, sen prexuízo de que outras normas de carácter ambiental ou industrial obriguen ao control das emisións.

Contacto/s relacionados