CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Auditorio de Lugo

Descrición:

Emprazamento:

  • Parcela 11 A-1 del Polígono Aceña de Olga. Avda de Magoi. 27002. Lugo
  • 28.357 m2 da que é titular o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Uso do edificio:

  • Centro Cultural - Auditorio. Aparcadoiro
  • Sala 900 ocupantes e espazos vinculados
  • Sala 300 ocupantes e espazos vinculados
  • Área de congresos
  • Restaurante e cafetería
  • Administración

Superficies:

  • Centro Cultural - Auditorio: 9.855,40 m2
  • Superficie total Aparcadoiro: 5.720,50 m2
  • Superficie total construida: 15.575,90 m2

Tanto dende o xardín de acceso na parte alta do emprazamento como dende a avenida Magoi, destacará o volumen horizontal do novo Auditorio, coma un frente recortado de luz, que mira cara a cidade e establece un foco cultural que ordea o seu entorno urbano. Disposto no linde leste do solar e aliñado coa transitada avenida, apóiase na parte mais baixa do solar, para minimizar a precisada altura da torre escénica e configurar un perfil urbano continuo, cara a avenida e, por outra banda, dispoñer dun parque público elevado, calma antesala verde do edificio, dende o que se accede ó andar nobre do edificio, vestíbulo de acceso as salas, que se configura coma unha galería-corredor que mirando a poñente busca a vista sobre o Miño.

A ordenación que se propón non se refire a un edificio directamente implantado no lugar, senón a un sistema de espazos construídos e exteriores que configuran espazos intermedios, vinculados ao xardín. Preténdese rachar co concepto de peza ensimismada e ofrecer, non obstante, unha articulación de espazos abertos en transparencia cara a cidade e cara o xardín. Unha dobre cara de Ianus Bifronte cara a avenida a poñente configura a súa imaxe urbana. Esta imaxe é plana e continúa como unha cornixa almenada cara a rúa e fragmentada cara o xardín.. Dende o acceso do xardín o visitante intérnase nos espazos do Auditorio sen perder a relación visual con éste e, entre os volumes da escala contida das salas configúranse tres prazas abertas que dan paso ós accesos diferenciados: á cafetería e ó restaurante, ó Auditorio e á sala de teatro e á área de congresos e ós espazos versátiles de reunión e congresos. Peonilmente accédese por unha pequena praza que se configura entre as dúas salas e o xardín. Será lugar de encontro e estancia para as persoas e un novo espazo público, recinto aberto ó xardín, antesala do Auditorio. Cara a avenida de Magoi o edificio presenta unha imaxe liñal e abstracta que mostra o carácter de edificio público e representativo da nova institución que a diferencia das edificacións residenciais do entorno.

Redactor/a: Ángela García de Paredes e Ignacio G. Pedrosa

Importe do convenio: 18.076.639,94 €

Data do convenio:01.01.2006

Provincia: Lugo

Concello: Lugo

Tipo proxecto: Equipamento urbano

Subir