CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Galicia terá este ano 114 praias con bandeira azul, a terceira comunidade autónoma con máis galardóns

Suma un areal máis respecto ao balance do exercicio anterior e aínda que non hai ningunha incorporación nova, catro das praias distinguidas recuperan a bandeira

A Asociación de educación ambiental e do consumidor tamén recoñece un total de 11 portos e 15 centros e aulas da natureza, dos que 2 reciben a insignia por primeira vez

O municipio pontevedrés de Sanxenxo volve liderar a clasificación nacional, cun total de 17 praias galardoadas, ademais de contar con 3 portos e 1 centro recoñecidos

A comunidade galega lucirá en 2024 un total de 189 distintivos en recoñecemento á calidade e á excelencia das súas praias, áreas portuarias, instalacións para a atención de visitantes e sendas peonís, superando deste xeito por primeira vez a Andalucía

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Desde xeito, Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Dos 114 areais galegos galardoados nesta edición —que se estenden ao longo de 53,5 km de costa e supoñen 1 máis que en 2023—, cómpre subliñar que ningún recibe este distintivo por primeira vez pero cinco deles recuperan a bandeira que non luciron o ano pasado. Son, concretamente, Lombiña-Cabío, na Pobra do Caramiñal, Area Maior, en Malpica de Bergantiños, A Ribeira, en Miño, Ladeira, en Baiona, e Xiorto, en Poio.

Así mesmo, Adeac tamén deu a coñecer esta mañá a relación de portos deportivos nos que ondeará a bandeira azul. Das 102 instalacións recoñecidas no conxunto do país, 11 están en Galicia, unha menos que na pasada edición, xa que o Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz non presentou candidatura este ano por estar en obras.

De igual xeito e aínda que neste caso non lucirán bandeira como tal, Adeac recoñeceu un ano máis o labor dos chamados centros azuis, categoría na que se engloban aulas de natureza, centros de recepción de visitantes e instalacións similares dedicadas á educación ambiental. Dos 87 galardoados en todo o país, 15 están en Galicia, destacando en especial a incorporación do Estaleiro de Purro, en Bueu, e do Centro de interpretación ambiental Foz do Miñor, en Baiona, que se estrean este ano como centros azuis.

Cómpre subliñar que os criterios esixidos por Adeac para a concesión da bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

Por provincias, Pontevedra concentra o maior número de bandeiras azuis de Galicia, concretamente 60 que recaen noutras tantas praias e outras 6 en instalacións portuarias. No caso da Coruña, os galardoados foron 38 areais e 4 portos e no de Lugo, recoñeceuse con este distintivo a 16 praias e 1 porto deportivo.

Sanxenxo volve repetir como o municipio español con máis areais galardoados, un total de 17, os mesmos que logrou en 2023. O concello pontevedrés suma tamén 3 distincións para outros tantos portos e terá de novo 1 centro azul. Ademais, cómpre subliñar o caso de Vigo, que con 12 praias con bandeira é a cidade galega que recibe máis galardóns.

Así mesmo, no caso da provincia da Coruña, Arteixo volve ser o que concentra un maior número de bandeiras, con 7 areais seleccionados; seguido da Coruña —5 areais e 1 porto—, Oleiros —5 praias e 2 centros azuis— e Ferrol —con 5 areais tamén—.

Por último, Foz é o concello lucense con máis praias galardoadas, un total de 5; seguido de Burela, con 2 praias e 2 centros azuis; Barreiros e O Vicedo, que suman 2 areais cada un deles, e Ribadeo, tamén con 2 praias e que un ano máis conta cun porto galardoado.

Líder en sendeiros azuis

Por último e con relación aos chamados sendeiros azuis, cómpre precisar que, por terceiro ano consecutivo, Adeac convocou estes distintivos no marco dun programa independente ao de bandeira azul co que se busca poñer en valor o papel das sendas como un recurso valioso para gozar da natureza e aprender a interpretar a contorna.

O acto oficial de recoñecemento aos 128 itinerarios galardoados en 2024 no conxunto do país tivo lugar a mediados de marzo e nel se confirmou que Galicia segue sendo a comunidade con máis sendeiros azuis —49 este ano, 14 máis que na edición anterior—.

En total e sumando praias, portos, centros de visitantes e sendeiros distinguidos este ano por Adeac, Galicia atesoura 189 insignias azuis, balance co que mellora a súa posición a nivel nacional ao superar por primeira vez a Andalucía (con 188) e situarse como a segunda comunidade española con máis distintivos azuis en todas as categorías.

A continuación detállanse os galardóns concedidos en 2024 en Galicia, diferenciando entre praias, portos e centros azuis e resaltando cun * os que o reciben por primeira vez.

 

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL 2024

PROVINCIA DA CORUÑA

15 concellos / 38 areais

A Coruña

As Lapas

Orzán-Matadero

Oza

Riazor

San Amaro

A Laracha

Caión

A Pobra do Caramiñal

Lombiña-Cabío

Arteixo

A Hucha

A Salsa (Repibelo)

Barrañán

Combouzas

Porto de Suevos

Sabón

Valcovo

As Pontes de García Rodríguez

Lago das Pontes

Bergondo

Gandarío

Camariñas

Arou

Carballo

Pedra do Sal

Razo

Saíñas

Dumbría

O Ézaro

Ferrol

A Fragata-O Pareixal

Caranza

Doniños

Esmelle

San Xurxo

Laxe

Laxe

Malpica de Bergantiños

Area Maior

Miño

A Ribeira

Perbes-Andahío

Oleiros

Bastiagueiro

Espiñeiro

Mera

Naval

Santa Cristina

Ponteceso

A Ermida

Balarés

O Osmo

 

PROVINCIA DE LUGO

8 concellos / 16 areais

Barreiros

Coto

Fontela Valea

Burela

A Marosa

O Portelo

Cervo

O Torno

Foz

A Rapadoira

Areoura

As Polas

Llas

Peizás

O Vicedo

Abrela

Xilloi

Ribadeo

As Catedrais

Os Castros-Illas

Viveiro

Area

Xove

Esteiro

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

12 concellos / 60 areais

A Guarda

Area Grande

O Muíño

A Illa de Arousa

Area da Secada

Bao (Camaxe)

Baiona

Barbeira

Concheira

Frades

Ladeira

Ribeira

Santa Marta

Bueu

Area de Bon

Banda do Río

Lagos

Lapamán

Portomaior

Cangas

Areabrava

Areamilla

Liméns

Menduíña

Nerga

Rodeira

Marín

Aguete

Mogor

Portocelo

Santo do Mar-A Coviña

Moaña

O Con

Poio

Cabeceira

Xiorto

Ponte Caldelas

A Calzada (praia fluvial)

Sanxenxo

A Lapa

Agra

Areas

Areas Gordas

Baltar

Bascuas

Canelas

Caneliñas

Foxos

Major

Montalvo

Nosa Señora da Lanzada

O Espiñeiro

Panadeira

Paxariñas

Pragueira

Silgar

Vigo

Argazada

A Fontaíña

A Punta

Canido

Carril

Fortiñón

O Adro

O Vao

Rodas (Illas Cíes)

Samil

Santa Baia

Tombo do Gato

Vilagarcía de Arousa

Campanario

Compostela

   

 

PORTOS CON BANDEIRA AZUL 2024

A Coruña

A Coruña

Real Club Náutico A Coruña-Marina Real

Sada

Club Náutico Sada

Porto Deportivo Sadamar

Porto do Son

Real Club Náutico de Portosín

Lugo

Ribadeo

Porto Deportivo de Ribadeo

Pontevedra

Baiona

Monte Real Club de Iates de Baiona

Cangas

Porto Deportivo Cangas (Real Club Náutico Rodeira)

O Grove

Porto Deportivo Pedras Negras

Sanxenxo

Real Club Náutico Sanxenxo

Club Náutico Portonovo

Porto Deportivo Juan Carlos I

 

CENTROS AZUIS 2024

A Coruña

A Laracha

Centro de interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar

Camariñas

Centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán

Museo Man de Camelle

Oleiros

Aula do Mar do centro de interpretación do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

CEIDA: Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Lugo

Burela

Centro de Educación Medioambiental Gaia

Barco Museo Reina del Carmen

Pontevedra

A Illa de Arousa

Centro de interpretación da Conserva

Baiona

Centro de interpretación ambiental Foz do Miñor

Bueu

Aula de Natureza Cabo Udra

Centro de interpretación do litoral de Agrelo

Estaleiro de Purro

Marín

Centro de interpretación dos petróglifos de Mogor

Poio

Casa Museo de Colón

Sanxenxo

Centro de interpretación As Telleiras

 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es