CMATI

|
|
|
Compartir

PGCIX 2022-2025

O “Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica (PGCIX) é o instrumento básico da planificación da produción da cartografía da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das entidades instrumentais do sector público autonómico, así como o que establece como vai ser o uso e a difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio de Galicia. Ten como finalidade garantir a coherencia e interoperabilidade dos datos espaciais, favorecer a eficiencia no gasto público e asegurar a calidade da produción cartográfica e a súa utilidade como servizo público”

O documento artéllase en varios apartados entre os que destacan os de:

Diagnose. O resumo deste traballo engádese como anexo (Anexo I) a este documento e aparece dividido en catro apartados:

  • Funcións relacionadas coa información xeográfica.
  • Normativa.
  • Información xeográfica xestionada.
  • Necesidades de información xeográfica.

Obxectivos estratéxicos. Como resultado da análise conxunta realizada nos diferentes departamentos da Administración Xeral dá Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades instrumentais do sector público autonómico, establécense os obxectivos estratéxicos cara aos que se deben dirixir as operacións e actividades xeradoras de produtos, xeoservizos e servizos cartográficos deste plan en consonancia co documento de Liñas Estratéxicas para desenvolver o Sistema Cartográfico Nacional.

Liñas de actuación. As accións da administración da Xunta de Galicia en materia de información xeográfica e cartográfica materialízanse en diferentes actividades xeradoras e mantedoras de produtos, bases de datos, servizos web e servizos cartográficos. Todas estas operacións deben estar coordinadas, asegurando o principio de unicidade das actuacións administrativas para satisfacer o conxunto de necesidades coa maior eficiencia e o menor custo .

A Programación do plan desenvolverase mediante programas operativos anuais que establecerán para cada período as prioridades de actuación en materia de produción cartográfica dentro das dispoñibilidades orzamentarias. Ademais, procurarase en todo momento que as accións que se desprenden do documento estean coordinadas co Plan Cartográfico Nacional e que a información xerada sexa accesible a todos os cidadáns e empresas.

O plan Incorpora dous anexos de especial relevancia: o primeiro deles cun listaxe de conxuntos de datos de carácter xeográfico producidos, empregados e demandados por departamento,e que serve tanto para coñecer o estado actual como para fixar necesidades de cara ao futuro. E un segundo, no que se amosa un listado de accións a desenvolver.

Documento/s relacionados
  • Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica Descargar  (834 KB)
  • Listaxe de capas de información xeográfica producidas Descargar  (200 KB)
  • Listaxe de accións propostas Descargar  (265 KB)