CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Espazos privados de interese natural

Sobreiras do Faro.

 

Data de declaración.

12 de xaneiro de 2011. Decreto 222/2010, do 23 de diciembre.

 

Instrumentos de planificación

Plan de conservación. Decreto 222/2010, do 23 de diciembre.

 

Superficie

9.72 ha

 

Concellos

Oia.

 

Situación

O Espazo Privado de Interese Natural Sobreiras do Faro localízase na parroquia de Viladesuso, que pertence ao concello de Oia (Pontevedra), ao sudoeste da provincia de Pontevedra. A propiedade xurídica dos montes Pousiño e Faro, onde se atopa a área obxecto de protección, é propiedade da Mancomunidade de Montes Veciñais da parroquia de Viladesuso desde o ano 1983.

 

Outras figuras de protección

Non existen outras figuras de protección.

 

Accesos

Pola estrada comarcal 552 dirixirémonos cara a Mougás, pasando o núcleo urbano, e aproximadamente 1 km despois cóllese un sendeiro que hai á dereita. Continuaremos por este camiño ata chegar ao río (1 km aprox.), seguindo pola súa marxe ata encontrarnos coas primeiras sobreiras.