CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Hai algunha xustificación expresa no Decreto de Avaliacion ambiental na que ampararse para entender excluida da sua aplicacion a instalacion de estacion base e antenas de telefonia cando a referida actividade no consta no anexo III e sí pola contra puidera entenderse dentro do ambito de aplicacion do decreto por aplicacion do seu artigo 2.2 (por ser actividades que ata agora se caracterizaban como insalubres, nocivas...)

A necesidade ou non de someter estas instalacións ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental, dependerá das características de cada proxecto, é dicir, poderá someterse segundo o previsto no artigo 2.2 do Decreto 133/2008 se se aprecia algunha das características establecidas no Anexo II do mesmo.

Segundo o Decreto 133/2008, ¿é necesaria a tramitación da avaluación de incidencia ambiental (AIA) por unha empresa madereira? Asimesmo, ¿a obtención da Avaliación Ambiental Integrada (AAI) correspondese dalgún xeito coa anterior tramitación e, en todo caso, coa obtención da licencia de actividade correspondente?

-. Respecto á empresa madereira: a resposta dependerá das características do proxecto, a superficie a ocupar e a potencia a instalar. (Anexo I punto 1.5) . En relación coa obtención da AAI dicir que unha instalación que precisa AAI non será sometida ao procedemento do Decreto 133/2008, é dicir, tampouco necesitará dictame de incidencia ambiental, sen prexuízo de que o Concello terá que emitir igualmente a súa licenza final de actividade, segundo o previsto no artigo 29 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

Con anterioridad al Decreto 133/2008 todos los proyectos de actividad, con excepción de las actividades inocuas, previa a la licencia se remitian a la delegación de medio ambiente para informe; ¿con el nuevo decreto solamente se deben de enviar las de a.i.a. o hay que enviar todas las que no sean inocuas?

Do mesmo xeito que co RAMINP deberán ser enviadas todas as que no sexan inocuas, porque as que no están expresamente incluídas no Anexo I poden ser cualificadas como molestas, insalubres, nocivas ou perigosas, segundo o artigo 2.2 do Decreto 133/2008.

Tengo una duda sobre la necesidad o no de someter a Evaluación AMbiental Estratégica la ejecución de un ramal de enlace a una autopista o autovía, pero tras la lectura del Decreto no he conseguido aclararla. ¿Podrían decirme si en este caso es necesario someterlo o no? Gracias. Sonia Freire

A avaliación ambiental estratéxica non é obxecto deste Decreto 133/2008, está regulada na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente e se tramita pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible. Polo tanto, a consulta formulada non pode ser resolta neste rexistro de dúbidas do Decreto 133/2008.

TEÑO UNHA DÚBIDA CUN EXPEDIENTE QUE PRESENTARON NO CONCELLO PARA A INSTALACIÓN DUNHA ESTACIÓN DE TELEFONÍA MÓBIL, ENTROU EN REXISTRO ANTES DA ENTRADA EN VIGOR DO DECRETO 133/2008, DEBEMOS TRAMITALA POR RAMINP OU POLO NOVO DECRETO??

Todo o que tivese entrada (data de Rexistro) no Concello con anterioridade ó día 22 de xullo de 2008, tramitarase segundo a normativa anterior (Decreto 2414/1961) e, por contra, o que teña data de entrada 22 de xullo ou posterior, tramitarase polo Decreto 133/2008.

¿As liñas de media tensión e os centros de transformación deben de tramitarse vía decreto 133/2008? De non ser necesario ¿é suficiente coa licenza de obra municipal? 2. Os locales de hostelería que non entren no anexo de aplicación do decreto 133/2008, ¿tramítase directamente a licenza polo concello ou é preceptivo e necesario a emisión de informe dalgunha consellería (sanidade ou presidencia (REPAR))?

O Decreto 133/2008 de incidencia ambiental regula un procedemento de carácter exclusivamente ambiental, mantendo en vigor o cumprimento doutras lexislacións sectoriais e das ordenanzas municipais que puidesen exixir outros requisitos distintos dos puramente ambientais.

En canto ás actividades excluidas do tramite de incidencia ambiental ¿é necesario que o concello redacte unha ordenanza reguladora?¿existe algún modelo de ordenanza? grazas

Debe ser o propio Concello, en exercicio das súas competencias, o que determine o procedemento nos supostos cuestionados.

Quixeramos saber si unha carnicería ou obradoiro de carne está suxeita a avaliación de incidencia ambiental e en que grupo dos do Anexo I se incluiría de selo caso

Neste caso dependerá da potencia instalada e da superficie da instalación así como de se se trata de comercio polo miúdo; neste sentido, de tratarse dunha carnicería polo miúdo que non supere os 15kW de potencia contratada nin a súa superficie supere os 400 m2 estaría excluída segundo o punto 3.1 do Anexo III do Decreto 133. Pola contra, de superarse esos umbrais podería someterse ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental, segundo o previsto no artigo 2.2 do Decreto 133/2008 se se aprecia algunha das características establecidas no Anexo II do mesmo.

 

Con motivo de la entrada en vigor del Decreto 133/2008, del 12 de junio, y la consecuente pérdida de vigencia del Decreto 2414/1961, de 30 de Noviembre, y en relación con aquellas actuaciones sujetas al nuevo dictamen de incidencia ambiental, entre otras cuestiones, se plantea el tema de la exigencia legal de mecanismos de comprobación de la actividad a desarrolar que sustituyan a la anterior Licencia Provisional y Definitiva, ya que en la nueva normativa solo se habla de una licencia de actividad. ¿ en qué momento se comprueba por la Administración municipal el cumplimiento de la medidas correctoras para la concesión de la licencia que permita el funcionamiento y apertura de la actividad proyectada ?

De conformidade co previsto no artigo 33.1 do Decreto 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental, a vistita de comprobación destas actividades efectuarase con posterioridade a emisión da licenza de actividade e con carácter previo ó inicio da actividade.

Neste Concello existen actividades que teñen xa licenza definitiva polo RAMINP, pero que ao entrar en vigor o Decreto 133/2008 e ao estar incluídas no seu ámbito de aplicación tramitaron a autorización ambiental integrada para adaptarse a nova normativa. Dita autorización ambiental integrada xa chegou ao Concello e a dúbida que se plantea é a seguinte: ¿Debería outorgarse unha nova licenza definitiva de acordo coa autorización ambiental integrada a pesar de que xa a posúen polo RAMINP? ¿Se así fose, sería necesaria a previa visita de comprobación? ¿Como comproban os nosos técnicos cuestións medio ambientais que figuran na autorización ambiental integrada? ou ¿non é necesario e esa comprobación fana técnicos da Dirección Xeral de avaliación ambiental? Un saúdo.-

Dado que a autorización ambiental integrada (AAI) é vinculante para a autoridade municipal, segundo o artigo 29 da Lei 16/2002, se a actividade posuía licenza de actividade con anterioridade ó outorgamento da AAI, o Concello deberá modificar a súa licenza de actividade para axeitala a AAI.

No ámbito da AAI non é necesario que o Concello realice ningunha visita de comprobación, toda vez que esta será efectuada, no seu caso, polos técnicos desta Consellería; e isto sen prexuízo das inspeccións que lle correspondan ao propio Concello no ámbito das súas competencias.

Subir