CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

No caso da creación dunha sociedade ou cooperativa de granxas, na que as cabezas de gando trasládanse todas a unha única instalación, debera acollerse a avaliación de incidencia ambiental? Outra dúbida, no caso dun viveiro (neste caso forestas) en solo urbano con venta o público debe acollerse? Moitas gracias

No tocante ás cabezas de gando: de superarse os mínimos previstos no punto 1.1 do Anexo I do Decreto 133/2008 si terán que pasar o procedemento de avaliación de impacto ambiental por tratarse dunha modificación substancial da actividade de conformidade co previsto no artigo 3 do Decreto.

No que atinxe ao viveiro forestal: a resposta dependerá da superficie da instalación e da potencia instalada: neste sentido, se se superan os 400m2 e 15kW si deberá pasar o procedemento de avaliación de incidencia ambiental segundo o previsto no artigo 2.2 do Decreto 133/2008 se se aprecia algunha das características establecidas no Anexo II do mesmo.

Gustariame saber cales son as competencias para facer proxectos de actividade nos que teñamos que aplicar o decreto 133/208. si é un proxecto de actividade clasificada podémolo asignar os arquitectos ou ten que facelo un enxeñeiro. gracias

É unha cuestión que deberá resolver cada Concello, como principal órgano tramitador da licenza de actividade na que se inserta o dictame de incidencia ambiental; é este o que deberá valorar qué cualificación profesional se requerirá para considerar se un determinado proxecto é redactado ou non por técnico competente.

 

Gustariame saber cales son as competencias para facer proxectos de actividade nos que teñamos que aplicar o decreto 133/208. si é un proxecto de actividade clasificada podémolo asignar os arquitectos ou ten que facelo un enxeñeiro. gracias

Estas instalacións non están nin incluídas (Anexo I, inclúe a partir de 200 a 20.000 prazas) nin excluídas (Anexo III) expresamente da tramitación segundo o Decreto 133/2008; polo tanto, haberá que valorar caso a caso os criterios recollidos no Anexo II por se podería resultar molesta, insalubre, nociva ou perigosa, de conformidade co artigo 2.2 do Decreto..

 

No anexo III, punto 2. do D. 133/2008, exclúense as actividades industriais con potencia que non supere os 15 kw e a superficie os 400 m2. Pregunta: Isto supón a exclusión destas actividades industriais cando non superen os ditos limites ou so se refire ás que reflicte o punto 2.1., 2.2. 2.3. e 2.4.? Outra pregunta: No apartado 3 do Anexo III, o límite de 15 Kw e 400 m2 refírese únicamente as reparación de efectos personais (...) ou tamén ao comercio polo miudo. Grazas

A exclusión unicamente se refire ás actividades industriais dos puntos 2.1 a 2.4 cando non superen os 15 kw de potencia contratada e os 400m2 de superficie; en ningún caso, supón unha exclusión xeral de todas as actividades industriais que non superen os ditos umbrais, senón non tería sentido recoller os puntos 2.1 a 2.4.

 

Están os núcleos zoolóxicos sometidos a avaliación de incidencia ambiental? Pode considerarse segundo o establecido no artigo 2.2 do decreto 133/2008 que debe someterse ao mesmo por poder ser susceptible de ser considerada molesta, insalubre, nociva ou perigosa?

Estas instalacións non están nin incluídas (Anexo I) nin excluídas (Anexo III) expresamente da tramitación segundo o Decreto 133/2008; polo tanto, haberá que valorar caso a caso os criterios recollidos no Anexo II por se podería resultar molesta, insalubre, nociva ou perigosa, de conformidade co artigo 2.2 do Decreto.

 

As actividades incluidas no anexo III do citado decreto débense someter ó trámite de información pública contido no art. 8?

O Decreto 133/2008 establece a información pública como parte do procedemento de avaliación da incidencia ambiental no caso que sexa necesario. No caso das actividades de anexo III non é necesario para a tramitación en si mesma da avaliación de incidencia ambiental pero si podería ser necesaria a información pública para a emisión da propia licenza polo Concello. En caso de dúbida sobre este trámite terase en conta a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas.

Me gustaria coñecer a vosa opinion sobre si unhas instalacións de deposito - almacenamento de madeira cortada do monte, estarain suxeitas o procedemento de avalicacion de incidencia ambiental . Con anterioridade tramitabase polo RAMIP por perigosa

Naqueles supostos nos que o almacenamento de obxectos e materias supere os umbrais establecidos no punto 4.7 do Anexo III do Decreto 133/2008, é dicir, que teñan unha superficie superior a 500 m2 ou se trate de produtos químicos, farmacéuticos, combustibles, lubricantes, fertilizantes, praguicidas, herbicidas, pinturas, vernices, ceras ou pneumáticos, terán que ser sometidos ó procedemento de avaliación de incidencia ambiental.

Gustaríanos saber cal sería o contido concreto e o organo que debe aprobar os informes de compatibilidade e o razoado do concello sobre a incidencia ambiental da actividade no ámbito local, do artigo 9 do Decreto, xa que antes se tramitaba como un acordo da Xunta do Goberno local informando favorablemente a solicitude, tralos informes do arquitecto e secretario

Segundo o teña establecido o propio concello

Na resposta a unha consulta anterior afírmase que as discotecas, pubs e similares estarían excluidas da AIA unicamente se non producen perturbacións. En cambio, da lectura conxunta do Anexo III en relación co artigo 2.3 do Decreto cabe interpretar que estas actividades están incluidas en todo caso (realmente tódalas actividades son susceptibles de xerar perturbacións das previstas no art. 13 da Lei 1/1995). Cal debe se-lo criterio a seguir?

As perturbacións dependerán da ubicación das mesmas (non é o mesmo unha discoteca no baixo dun edificio de vivendas que nunha estrada sen edificios cercanos). Haberá que valorar estas circunstancias para o seu sometemento ou non á avaliación de incidencia ambiental.

O artigo 6.2 fala dunha consulta previa ós concellos en canto ó sometemento ou non dunha actividade á AIA, sen que, salvo delegación, a resposta á consulta teña carácter vinculante. Pero por outra banda, o artigo 2 do Decreto dispón que será a consellería a competente para decidir se se someten a este procedemento as actividades non relacionadas nos anexos I e III. Como se coordinan estas dúas disposicións?

O Concello en caso de dúbida sobre calquera actividade das reguladas no Decreto 133/2008, antes de dar resposta ás consultas formuladas polos administrados poderá consultar á Delegación Provincial competente por razón de territorio desta Consellería, como órgano competente para a cualificación da actividade.

Subir