CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

No anexo III do reglamento, no grupo 3, exceptúase do mesmo o comercio de vehículos a motor, motocicletas e ciclomotores, entendo por tanto que queda incluido no anexo I, e decir, suxeito ao procedemento de incidencia ambiental; Nembargantes, no anexo I (actividades incluidas) no punto 1.14 volve a exceptuar o comercio de vehículos de motor e motocicletas, deste xeito, un concesionario únicamente de venda de vehículos ou motos, sen taller, quedaría ou non incluido ao procedemento de AIA?. Atentamente

De conformidade co establecido no punto 1.13 do Anexo I a actividade de venda de vehículos de motor (aínda que non leven anexo un taller de reparación ) estaría sometida. De feito, o comercio polo miúdo está excluído (Anexo III.3), coa excepción do comercio polo miúdo de vehículos a motor que o excepcionarse da exclusión enténdese incluído.

Bos días: derrogado o RAMINP a tódolos efectos, ¿cómo van a tramitarse as antigas actividades clasificadas non incluídas no novo decreto (hostalería, ocio e entretemento, por exemplo), sobre todo no caso de non existir normativa municipal de tramitación?

Teranse que amparar obrigatoriamente polas ordenanzas municipais. De non existir, o Concello terá que establecelas.

Solicitouse no concello licenza de apertura de taller de reparacion de vehiculos rama mecanica a ubicar en laza. O uso atopase permitido expresamente no lugar en cuestion polo pxom vixente. ¿esta actividade tramitarase via decreto 133? ¿aparece no novo "nomenclator" saudos. O secretario

En principio sí se tramitaría segundo o dito Decreto sempre que se dean os requisitos recollidos no punto 1.13.1 do Anexo I do mesmo; e aínda que estas circunstancias (1000 m2 ou potencia superior ós 250 kw) non se apreciasen, podería entenderse como actividade sometida á dita tramitación se se considera incluída no artigo 2.2 da dito texto normativo á vista das circunstancias recollidas no anexo II.

As actividades incluidas no anexo III do citado decreto débense someter ó trámite de información pública contido no art. 8?

O feito que sexan actividades excluídas do trámite de incidencia ambiental, non significa que non precisen licenza de actividade, simplemente que están exentas da tramitación ambiental que realiza esta Administración autonómica segundo o Decreto 133/2008; polo tanto, o Concello deberá decidir por ser un tema da súa exclusiva competencia si precisan ou non de licenza de actividade (á marxe de que non precisen do dictame de incidencia ambiental) e polo tanto si se debe someter a información pública igualmente o expediente.

Ademáis da publicación no BOP, é necesaria a publicación no DOG

Sí, na súa tramitación o Concello debe proceder ao sometemento ao trámite de información pública tanto no BOP como no DOG. É obrigatoria esta doble publicación de anuncios segundo o artigo 8.3 do Decreto 133/2008.

No caso de actividades sometidas a autorización autonómica en solo rústico ou núcleo rural, segundo lei 9/2002, será obrigatorio que os concellos inclúan esta autorización outorgada no informe de compatibilidade urbanística, antes de envialo á CMADS?

Non é necesaria para a emisión do dictame ambiental pero sí o sería para a emisión da licenza de actividade polo Concello correspondente; polo tanto, será cada Concello o que teña que determinar qué valor lle outorga a esta autorización autonómica previa respecto ó seu informe de compatibilidade urbanística.

Dende os concellos actualmente se envía á CMADS para ditame e cualificación un anteproxecto( o mesmo que envían á CPTOPT-Urbanismo), proxecto básico ( código técnico de edificación), ou proxecto de execución (código técnico de edificación ), ¿ que tipo de proxecto técnico deben enviar os concellos á CMADS co novo decreto?

O que reflicta máis fielmente as características e parámetros que permitan a CMADS a avaliación da incidencia ambiental, e contemple a realidade do proxecto final.

No caso de actividades que teñen verquido tipo foxa séptica, E.D.A.R, balsa de decantación, a atmósfera...según o R.D.133/2008 , como sei os meus verquidos superan os límites? e en caso de superalos que medidas protectoras/correctoras poso aplicar en cada ámbito?Gracias

Cada entidade debe coñecer o funcionamento da súa actividade e das emisións que produce, neste sentido, coa solicitude de licenza de actividade deberá achegar (artigo 7.b) do Decreto 133/2008) a maior parte de datos sobre o vertido, por exemplo cunha analítica do mesmo, así como as medidas protectoras/correctoras a aplicar, isto será supervisado pola Administración, en concreto, por Augas de Galicia (solicitarase informe a este organismo polo órgano autonómico que tramita o procedemento de avaliación de incidencia ambiental) e de ser insuficientes indicarase no ditame de incidencia ambiental cales se deberán adoptar.

Os centros de transformación para a rede de distribución eléctrica e os depósitos de GLP que con anterioridade se tramitaban neste Concello segundo o RAMINP para a súa instalación e funcionamento, quedarían agora excluídos do procedemento de avalición de incidencia ambiental segundo o Decreto 133/2008

A necesidade ou non de someter estas instalacións ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental, dependerá das características de cada proxecto, é dicir, poderá someterse segundo o previsto no artigo 2.2 do Decreto 133/2008 se se aprecia algunha das características establecidas no Anexo II do mesmo.Non obstante, para os GLP terase en conta previamente os puntos 1.13.2, 1.13.3 e 1.14.6 do Anexo I que os somete obrigatoriamente ao procedemento de avaliación de incidencia ambiental se se dan os umbrais establecidos nos ditos puntos.

É preciso o tramite de avaliación de incidencia ambiental para o proxecto dun centro de saúde?

Estas instalacións non están nin incluídas (Anexo I) nin excluídas (Anexo III, aínda que si figuran excluidas "as residencias de anciáns, centros de día e escolas infantís que se poderían considerar en algúns casos similares) expresamente da tramitación segundo o Decreto 133/2008; polo tanto, haberá que valorar caso a caso os criterios recollidos no Anexo II por se podería resultar molesta, insalubre, nociva ou perigosa, de conformidade co artigo 2.2 do Decreto.

Subir