CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Informes de Inspeccións Ambientais a Instalacións IPPC

O artigo 23 da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de novembro de 2010 sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación) regula as inspeccións ambientais ás instalacións afectadas polo Anexo I.

 

A Lei 5/2013 do 11 de xuño pola que se modifica a Lei 16/2002 do 1 de xullo de prevención e control integrados da contaminación (transposición da Directiva de emisións industriais) define a “Inspección ambiental” como “toda acción levada a cabo pola autoridade competente ou en nome desta para comprobar, fomentar e asegurar a adecuación das instalacións ás condicións das autorizacións ambientais integradas e controlar, en caso necesario, a súa repercusión ambiental. (…) O fin da inspección é garantir o cumprimento da normativa ambiental das actividades ou instalacións baixo o ámbito de aplicación desta norma.”

 

O Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, indica no seu artigo 24 que “Despois de cada visita in situ, os órganos competentes elaborarán un informe sobre a actuación realizada no que incluirán as conclusións relativas ó cumprimento das condicións da autorización ambiental integrada pola instalación, así como respecto de calquer ulterior actuación necesaria.”

 

Estes informes publícanse a través da web a partir dos catro meses dende a visita de inspección nos termos que establece a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente.