CMATI

|
|
|
Compartir

Esteiro do Miño

Código ZEPA

ES0000375

Data de declaración

2 de abril de 2004.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Superficie

1.688 ha.

Concellos

Tomiño, O Rosal e A Guarda.

Situación

No extremo suroeste da provincia de Pontevedra facendo fronteira con Portugal. As localidades máis importantes nas inmediacións do espazo natural son A Guarda e Tui.

Outras figuras de protección

  • Zona Especial de Conservación "Baixo Miño", ZEC ES1140007, de 2.871 ha.
  • Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), “Baixo Miño”, de 2.874 ha. e “Esteiro do Miño”, de 1.688 ha.

A área forma unha unidade co lado portugués do esteiro, declarado ZEPA (PTZPE0001 Estuario dos ríos Miño e Coura) e proposto como LIC (PTCON0019 Río Miño).

Avifauna

De importancia pola diversidade e abundancia das súas aves acuáticas e a avifauna ligada ás formacións de vexetación palustre. Destaca no contexto autonómico o seu núcleo invernante de corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo). Entre as anátidas, durante o inverno predominan a cerceta (Anas crecca), e o lavanco (Anas platyrhynchos). Ata non hai moitos anos o pato cristado (Aythya fuligula), tivo aquí unha das súas principais localidades de invernada en España, malia que actualmente o seu continxente diminuíu moito. Así mesmo, aínda está presente un pequeno núcleo de mergo cristado (Mergus serrator), anátida escasa e de distribución moi localizada en España. Variada poboación de limícolas, sobre todo nos pasos migratorios, con predominio da gabita (Haematopus ostralegus), a píldora cincenta (Pluvialis squatarola), o mazarico chiador (Numenius phaeopus), o pilro común (Calidris alpina), e o pilro tridáctilo (Calidris alba). Esta última especie, así como a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), teñen nesta zona o seu principal cuartel de invernada en Galicia. Presenza frecuente de limícolas escasas, como a becacina pequena (Lymnocryptes minimus), ou o pilro escuro (Calidris maritima). Entre outras aves acuáticas ou ribeiregas de presenza singular no noroeste de España, presentes máis o menos regularmente no esteiro, cabe citar o mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), o cullereiro (Platalea leucorodia), a tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), a aguia pescadora (Pandion haliaetus), o esmerillón (Falco columbarius), ou a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus). Especial importancia revisten as súas poboacións nidificantes e migrantes de paseriformes de carriceira, entre os que destacan pola súa rareza a folosa unicolor (Locustella lucinioides), a folosa acuática (Acrocephalus paludicola) -especie globalmente ameazada (segundo os criterios da UICN)- e a subespecie endémica do escribente das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica).

Documento/s relacionados
  • Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo V Humidais e Corredores Fluviais Descargar
Subir