Co obxectivo de que calquera persoa interesada acceda ao Plan de Ordenación do Litoral (POL), habilitáronse canles de comunicación onde calquera cidadán e administración pública ou privada poida dirixir calquera tipo de consulta a través de varias vías:
O Sistema de Información Ambiental de Galicia (SIAM) é un instrumento creado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para axilizar o acceso á información ambiental de todos os usuarios.
Ademais de contar con un servizo de Solicitude de Información Ambiental, conta con una biblioteca de publicacións de carácter ambiental e un buscador avanzado de lexislación ambiental Ambilex
As recomendacións para a tramitación de proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal recóllense no documento que se xunta.
Durante a fase de elaboración dos Catálogos de Paisaxe a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe habilitará as canles de participación necesarias para que a cidadanía poida facer as achegas pertinentes no período de participación pública e consultas: páxina web, redes sociais, entrevistas, etc.
Na nosa Comunidade Autónoma existen diversos equipamentos para a Educación Ambiental e outras instalacións para a Divulgación do Patrimonio que contan con proxectos e programas educativos dirixidos a todo tipo de públicos. A través do listado de equipamentos galegos poderá coñecer as instalación e consultar a súa oferta educativa.