CMATI

|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Calidade Ambiental

A Subdirección Xeral de Calidade Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

  • a) A elaboración dos plans de xestión de residuos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de residuos de Galicia e das accións de desenvolvemento destes.
  • b) O fomento das accións de redución, reciclaxe e recuperación de residuos e dos programas de colaboración cos concellos e con outras organizacións para aplicación das accións indicadas.
  • c) O estudo e análise das mellores técnicas disponibles para facilitar a integración do respecto ao ambiente nos procesos produtivos das industrias.
  • d) O establecemento das condicións que faciliten a transferencia de tecnoloxías limpas e técnicas de protección ambiental.
  • e) O impulso, promoción e desenvolvemento tecnológico en materia de ambiente industrial.
  • f) A tramitación e seguimento das autorizacións dos sistemas integrados de xestión.
  • g) O establecemento e xestión de procedementos que garantan a distribución da información en materia de residuos.
  • h) A tramitación das autorizacións de xestores/as e produtores/as de residuos.
  • i) O control da xestión de residuos.
  • j) A planificación, programación e realización de obras e infraestruturas que executará a consellería para unha adecuada xestión dos residuos.
  • k) A colaboración coas consellerías correspondentes no control da xestión dos residuos non incluídos no ámbito de aplicación da Lei de residuos de Galicia, especialmente coas consellerías de Sanidade no control da xestión dos residuos producidos nos establecementos sanitarios e de Medio Rural no control da xestión dos residuos producidos nas explotacións agrícolas e gandeiras.
  • l) A xestión e coordinación das actuacións derivadas da lexislación sobre calidade dos solos.
  • m) A tramitación dos procedementos sometidos á lexislación sobre solos potencialmente contaminados.
  • n) A xestión da recuperación de solos contaminados.
  • o) A acreditación de entidades para a realización de investigacións e recuperacións da calidade do solo.
  • p) A xestión, coordinación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas.
  • q) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

  • Servizo de Planificación, Prevención e Información.
  • Servizo de Control da Xestión de Residuos e Calidade dos Solos.
  • Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.