CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Proxectos agroforestais

proxectos agroforestais

Os proxectos agroforestais sometidos a autorización ambiental integrada (grupo 9.3 do anexo I da Lei 16/2002 de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación - IPPC) ou a avaliación do impacto ambiental, ordinaria (grupo 1.a.2 do anexo I da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental ) ou simplificada (grupo 1.f do anexo II da Lei 21/2013) ou a avaliación da incidencia ambiental (grupo 9.3 do anexo da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia) deben incluir no proxecto básico, no documento de inicio, no documento ambiental, no estudo de impacto ambiental e no documento ambiental de incidencia, segundo o caso, un plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización

Nesta páxina web pode descargar a guía e a folla de cálculo necesarias para elaborar o dito plan.

Cando se trate do proxecto dunha explotación gandeira deberase especificar o cálculo da súa capacidade (número máximo de prazas), conforme co indicado na "Guía para o cálculo da capacidade das instalacións de gandería intensiva".

Nesta páxina web pode descargar a Guía.

Documento/s relacionados
  • Guía para elaborar o plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización (formato PDF) Descargar  ()
  • Folla de cálculo para elaborar o plan de xestión e fertilización (formato Excel) Descargar  ()
  • Guía para calcular a capacidade das instalacións de gandería intensiva Descargar