CMATI

|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental

A Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental:

  • a) A tramitación técnica e administrativa dos expedientes derivados da aplicación da Lei 9/2006, sobre avaliación de determinados plans e programas no ambiente.
  • b) O impulso da integración do referente ambiental nas distintas políticas sectoriais.
  • c) As actuacións dirixidas á integración do ambiente nas accións dos fondos comunitarios e, en particular, no proceso de programación, realización, seguimento e avaliación das accións financiadas por estes fondos.
  • d) O apoio técnico ao exercicio por parte da persoa titular do centro directivo das funcións que ten atribuídas como autoridade ambiental de Galicia, en particular as derivadas da súa condición de membro da Rede de Autoridades Ambientais de España.
  • e) A xestión e coordinación das actuacións derivadas da aplicación dos instrumentos preventivos recollidos na lexislación de protección ambiental de Galicia.
  • f) A xestión e seguimento dos pactos ambientais.
  • g) As actuacións derivadas da normativa de ecoxestión, ecoauditoría e ecoetiquetaxe.
  • h) A homologación de empresas e equipamentos de avaliación de impactos, control da calidade ambiental e de seguimento e inspección ambiental.
  • i) Aquelas que por razón da súa competencia se lle encomenden.

Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

  • Servizo de Avaliación Ambiental.
  • Servizo de Prevención e Xestión Ambiental.