CMATI

|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental

A Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:

  • a) A elaboración dos anteproxectos de orzamentos da dirección xeral, a súa execución, seguimento e coordinación.
  • b) As funcións inherentes á xestión económica execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.
  • c) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da dirección xeral por razón da materia.
  • d) O seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración.
  • e) A planificación e realización de obras e infraestruturas que execute a consellería para unha adecuada xestión dos residuos.
  • f) A potenciación e establecemento de procedementos que garantan a distribución da información ambiental á cidadanía que o requira, a través do mantemento e mellora do Sistema de información ambiental de Galicia (SIAM) e, en particular, a xestión do punto focal da Rede Eionet da Axencia Europea do Medio Ambiente.
  • g) O asesoramento e realización de estudos e informes.
  • h) O estudo e a elaboración dos proxectos normativos no ámbito das súas competencias.
  • i) A tramitación dos expedientes sancionadores competencia da dirección xeral.
  • j) A xestión dos órganos de participación da consellería relativos á integración ambiental.
  • k) A execución da normativa de responsabilidade ambiental respecto ás análises de riscos ambientais e garantías financeiras e respecto ás ameazas inminentes de danos ambientais e/ou danos ambientais que afecten o ámbito da dirección xeral.
  • l) A realización de actividades encamiñadas ao control do cumprimento da normativa ambiental e, en particular, o seguimento e inspección ambiental.
  • m) O apoio á persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático no exercicio das súas funcións.
  • n) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.
  •  

Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

  • Servizo de Xestión Ambiental.
  • Servizo Xurídico-Administrativo.
  • Servizo de Intervención Ambiental.