CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Delimitación de núcleo rural

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, describe no artigo 78 o procedemento a seguir para aprobar a delimitación de núcleos rurais existentes nos municipios sen planeamento xeral.

A modificación do planeamento xeral que teña por obxecto a delimitción de solo de núcleo rural tramitarase seguindo o mesmo procedemento (artigo 83.6 da Lei 2/2016).

As delimitacións de solo de núcleo rural deben someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada. O procedemento comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio

O órgano municipal competente remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada, á que achegará a delimitación proposta e o documento ambiental estratéxico.

Do documento ambiental estratéxico e da delimitación proposta deberá remitir cadanseu exemplar en formato papel e dixital, ou ben só dixital con sinatura electrónica. No soporte dixital incluiranse os arquivos en formato PDF con toda a documentación gráfica e escrita, así como a información cartográfica nun formato compatible cos sistemas de información xeográfica (SIX) segundo as instrucións técnicas publicadas na sección “Información cartográfica”.

O órgano ambiental comprobará que a documentación está completa; de non ser así, solicitará que se acheguen os documentos preceptivos.

2. Consultas previas

O órgano ambiental consultará ás administracións públicas afectadas (entre elas estará a competente en materia de urbanismo) e ás persoas interesadas, por un prazo de dous meses a contar dende a recepción da documentación completa. Ao mesmo tempo, publicará a delimitación proposta e o documento ambiental estratéxico na sede electrónica para que o público en xeral poida achegar observacións e suxestións.

Pinche aquí para acceder aos plans que están en fase de consultas previas. 

2. Informe ambiental estratéxico (IAE)

O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo de dous meses tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se a delimitación de núcleo rural ten ou non efectos significativos no medio:

  • No caso de prever efectos ambientais significativos, a delimitación deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
  • De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e a delimitación poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.

O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do órgano ambiental.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela
Documento/s relacionados
  • Procedemento ambiental para a delimitación de núcleo rural Descargar
Contacto/s relacionados