CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Plan parcial

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, describe no artigo 75 o procedemento a seguir para a aprobación dos plans parciais. 

Todos os plans parciais deben someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada, agás cando deba ser obxecto do procedemento ordinario. A súa tramitación ambiental comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio

O promotor remitirá ao concello a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada acompañada do borrador do plan e do documento ambiental estratéxico

Do documento inicial estratéxico e do borrador do plan deberá remitir cadanseu exemplar en formato papel e dixital, ou ben só dixital con sinatura electrónica. No soporte dixital incluiranse os arquivos en formato PDF con toda a documentación gráfica e escrita, así como a información cartográfica nun formato compatible cos sistemas de información xeográfica (SIX) segundo as instrucións técnicas publicadas na sección “Información cartográfica”.

O concello remitirá ao órgano ambiental toda a documentación presentada polo promotor. O órgano ambiental comprobará que a documentación está completa e, de non ser así, solicitará ao promotor que achegue os documentos necesarios.

2. Consultas previas

O órgano ambiental consultará ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, por un prazo de dous meses a contar dende a recepción da documentación completa. Ao mesmo tempo, publicará o borrador do plan e o documento ambiental estratéxico na sede electrónica para que o público en xeral poida achegar observacións e suxestións.

Pinche aquí para acceder aos plans que están en fase de consultas previas. 

2. Informe ambiental estratéxico (IAE)

O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo de dous meses tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se o plan ten ou non efectos significativos no medio:

  • No caso de prever efectos ambientais significativos, o plan deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
  • De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e o plan poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.

O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do órgano ambiental.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

Promotor

Concellos, Administración autonómica, outros órganos competentes no ámbito urbanístico ou particulares lexitimados para a súa formulación. 

 

Documento/s relacionados
  • Procedemento ambiental para a tramitación de plans parciais Descargar
  • Fluxograma do procedemento Descargar
Contacto/s relacionados