Os plans especiais deben someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada, agás cando deban someterse ao procedemento ordinario.
• Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 75.3)
• Regulamento que desenvolve a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 186.3)
• Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia
Antes de iniciar a tramitación do plan especial, os servizos técnicos municipais e as empresas subministradoras e/ou distribuidoras deberán informar, no prazo máximo dun mes, sobre a suficiencia das infraestruturas e dos servizos existentes e previstos (punto 2 do artigo 185 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
A súa tramitación ambiental comprende as seguintes fases:
O promotor remitirá ao concello a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada acompañada dun borrador do plan e dun documento ambiental estratéxico.
O borrador será un documento que conteña, cando menos, as liñas esenciais do planeamento e permita debater os seus criterios, obxectivos e solucións xerais.
O documento ambiental estratéxico terá, como mínimo, o contido que establece o artigo 29 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental.
A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
O órgano ambiental consultará as administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, que se pronunciarán no prazo de 30 días hábiles.
No caso de plans especiais non previstos no plan xeral ou de plans especiais de protección que conteñan a ordenación detallada do solo urbano consolidado, consultarase tamén ao órgano competente en materia de urbanismo.
O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico. No IAE determinará se o plan ten ou non efectos significativos no medio:
O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela
Concellos, Administración autonómica, otros órganos competentes no ámbito urbanístico ou particulares lexitimados para a súa formulación.