CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Documento ambiental

Os proxectos que se someten ao procedemento de avaliación do impacto ambiental simplificada deben incluír no documento ambiental, como mínimo, a seguinte información (artigo 45.1 da Lei 21/2013):

  • Motivación da aplicación do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificado.
  • Definición, características e situación do proxecto.
  • Exposición das prinicipais alternativas estudadas e unha xustificación das principais razóns da solución adoptada, tendo en conta os efectos ambientais.
  • Avaliación dos efectos ambientais previsibles do proxecto, directos ou indirectos, acumulativos e sinérxicos. Cando o proxecto poida afectar, directa ou indirectamente, a espazos da Rede Natura 2000 deberá incluír tamén un apartado específico para a avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do espazo.
  • Medidas que permitan prevenir, reducir e compensar e, na medida do posible, corrixir calquera efecto negativo relevante no medio.
  • Forma de realizar o seguimento de xeito que se garanta o cumprimento das indicacións e medidas protectoras e correctoras contidas no documento ambiental.

Nota: Cando se trate do proxecto dunha explotación gandeira no documento ambiental deberase especificar o cálculo da súa capacidade (número máximo de prazas), segundo o indicado na Guía para o cálculo da capacidade das instalacións de gandería intensiva. Para saber máis pinche nesta ligazón.