CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Estudo de impacto ambiental

 Os proxectos que se someten ao procedemento de avaliación do impacto ambiental ordinaria deben incluír na documentación un estudo de impacto ambiental (EsIA).

Este estudo de impacto ambiental debe conter, como mínimo, a seguinte información (artigo 35 e anexo VI da Lei 21/2013):

  • Descrición xeral do proxecto e previsións no tempo en relación coa utilización do solo e doutros recursos naturais. Estimación dos tipos e cantidades de residuos vertidos e emisións de materia ou enerxía resultantes.
  • Exposición das principais alternativas estudadas, incluída a alternativa cero ou de non realización do proxecto,  e xustificación das razóns da solución adoptada, tendo en conta os efectos ambientais.
  • Avaliación e, se procede, cuantificación dos efectos previsibles directos ou indirectos, acumulativos e sinérxicos do proxecto sobre a poboación, a flora, a fauna, o solo, o aire, a auga, os factores climáticos, a paisaxe e os bens materiais, incluído o patrimonio cultural, e a interacción entre todos os factores mencionados, durante as fases de execución, explotación e, de ser o caso, durante a demolición ou abandono do proxecto.
  • Cando o proxecto poida afectar directa ou indirectamente a espazos protexidos da Rede Natura 2000 incluiráse un apartado específico coa avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do espazo.
  • Medidas previstas prevenir, corrixir e, de ser o caso, compensar os efectos adversos sobre o medio.
  • Programa de vixilancia ambiental.
  • Resumo do estudo e conclusións en termos facilmente compresibles (documento de síntese).

A administración poñerá a disposición do promotor os informes e calquera outra documentación da que dispoña cando resulte de utilidade para realizar o estudo de impacto ambiental.


Autorización ambiental integrada (AAI)

Cando se realice o trámite de avaliación de impacto ambiental dentro do trámite de obtención da autorización ambiental integrada - en aplicación da lexislación IPPC-, o contido do estudo ambiental poderase integrar dentro da documentación requirida para este permiso como un único documento.

Estudo de impacto e Integración paisaxística (EIIP)

A entidade promotora dun  proxecto que está sometido ao procedemento de avaliación do impacto ambiental ordinaria debe incorporar no estudo de impacto ambiental un estudo de impacto e integración paisaxística (EIIP), consonte o establecido na lexislación sectorial vixente.

Para saber máis sobre os estudos de impacto e integración paisaxística prema nesta ligazón

Proxectos agroforestais

proxectos agroforestais

Os proxectos agroforestais recollidos no anexo I (grupo 1; grupo 9 epígrafe a.2º ) e no anexo II (grupo 1 epígrafes c, d e f ) da Lei 21/2013, deben incluír no estudo de impacto ambiental un plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización.

Para saber máis pinche nesta ligazón