O portal forma parte do programa de promoción da participación pública na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia, contemplado no convenio de colaboración, entre o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia e o Laboratorio do Territorio do GI Territorio e Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta iniciativa xorde da profunda convicción, por parte da Xunta de Galicia e da Universidade da necesidade de contar cos cidadáns nos procesos de toma de decisións sobre a nosa paisaxe e o noso territorio. Froito desta crenza e das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, nace este portal no que, nesta etapa do proceso de elaboración do Atlas, calquera persoa poderá contribuir ao deseño das Directrices de Paisaxe , aportando os seus obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa valoración da paisaxe e das posibles medidas de protección, xestión e ordenación da mesma.
Acceso ao portal: