CMATI

|
|
|
Compartir

Rutas Árbores con historia

Árbores con historia é unha iniciativa para poñer en valor as árbores e formacións senlleiras incluídas no catálogo Galego de Árbores Senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo.
Deste xeito, por medio da creación de rutas entre os diversos elementos senlleiros e, en consonancia cos recursos culturais e sociais que se atopan no seu contorno, que incrementan o seu valor lúdico e histórico, pódese establecer un diálogo a modo de correlación espacial que serva como fío condutor para a promoción dun ocio responsable.
Esta posta en valor e uso turístico destes recursos naturais, mediante o deseño de estratexias de promoción e divulgación en sintonía coa preservación do medio, permitiranos construír escenarios de emocións, tempo e tradicións onde a protagonista sexa a árbore senlleira que os relaciona.

Documento/s relacionados
  • Árbores con historia. Ruta Santiago-Rías Baixas Descargar
  • Árbores con historia. Ruta Ourense Occidental Descargar
  • Árbores con historia. Ruta Ourense Oriental Descargar