CMATI

|
|
|
Compartir

Bolboreta arlequín (Zerynthia rumina)

Descrición

Esta bolboreta ten ata 50 mm de envergadura alar. Ten a face das ás de intensas cores amarela, negra e vermella; o envés das ás é abrancazado, amarelento e vermello, con numerosas escamas negras. Todo este colorido advirte os seus posibles predadores sobre a súa toxicidade, ademais de darlle o nome de bolboreta arlequín.

Reprodución

A posta realízase normalmente en maio, os ovos son esféricos e as larvas nacen unha ou dúas semanas despois, vivindo exclusivamente nas plantas do xénero Aristolochia, alimentándose delas e inxerindo as súas toxinas, almacenándoas no seu corpo sen problemas. Eirugas cilíndricas e grosas de cor ocre amarelenta ou rosada, eclosiona en abril, e revoa ata xuño ás horas de maior calor.

Hábitat

Vive en lugares de clima seco, prefire ladeiras de espazos abertos con vexetación baixa e abundante, preferentemente onde se desenvolve a planta do xénero Aristolochia.

Distribución

Distribúese en poboacións pequenas e illadas (como por exemplo, desde o Parque Nacional das Illas Atlánticas ata o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra). Viven en colonias moi localizadas e illadas entre si.

Estado de conservación

A principal ameaza é a alteración do seu hábitat. Tamén lle afectan as repoboacións forestais (que eliminan os espazos abertos onde se desenvolven as Aristolochias), os insecticidas e o gando caprino, que ten tendencia ao consumo da súa planta nutricia.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Nome común Bolboreta arlequín Nome científico Zerynthia rumina Clase Artrópodos Familia Papilionidae

Documento/s relacionados
Subir