CMATI

|
|
|
Compartir

Guía de Criterios de Sustentabilidade e Integración Paisaxística dos Establecementos de Acuicultura Litoral

A acuicultura litoral é unha actividade estreitamente relacionada co medio ambiente e a paisaxe,   polo que a sustentabilidade e o respecto ó medio debe ser unha condición inherente á súa implantación e desenvolvemento.


Esta guía parte do recoñecemento do litoral como unha unidade ambiental, social, paisaxística e produtiva. O Seu  reto  consiste en axudar a establecer un marco metodolóxico de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística aos profesionais que interveñen no proceso de implantación dos establecementos de acuicultura litoral.


Trátase dun documento metodoloxicamente completo e con todo de fácil manexo, de tal forma que calquera público interesado poida achegarse a esta materia.


A súa edición enmárcase dentro do ámbito da Estratexia Galega da Paisaxe, integrando o desenvolvemento da acuicultura no modelo proposto polas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) , o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia.


A experiencia sobre establecementos de acuicultura ven a demostrar que un dos conflitos destacados que xeran é súa falta de integración paisaxística, porque a acuicultura litoral comparte os retos da sustentabilidade con todas as demais actividades humanas. Esta guía ofrece as claves para dar cumprida resposta ao desafío de integrar esta tarefa no medio ambiente e na paisaxe das nosas costas.
 

Documento/s relacionados
  • Guía de Criterios de Sustentabilidade e Integración Paisaxística dos Establecementos de Acuicultura Litoral Descargar  (10.291 KB)