CMATI

|
|
|
Compartir

Guía de Boas Prácticas para a Intervención nos Núcleos Rurais

A guía será o instrumento que permita racionalizar o crecemento dos núcleos rurais ofrecendo modelos e alternativas que, sen deixar de ser contemporáneos, conserven e  potencien un  modelo de asentamento  sustentable e respectuoso co medio e a paisaxe.

Que é?

Documento de apoio

  • Dirixido a

- Técnicos municipais

- Equipos urbanísticos

- Profesionais que interveñen nos núcleos rurais

  • Para

- Buscar equilibrio entre desenvolvemento e conservación

- Integración harmoniosa das novas edificacións no conxunto existente

 Por que esta guía?

  • É necesario achegar  alternativas aos modos de intervención que están a deteriorar o medio rural
  • É desexable evitar a dispersión que contribúe, non só ao menoscabo do medio e  da paisaxe, senon tamén a un maior gasto en infraestruturas
  • É imprescindible a protección dos núcleos singulares e daqueles de interese arqueolóxico, patrimonial ou arquitectónico

Para que é a guía?

Debe servir de axuda para alcanzar solucións de equilibrio no noso desenvolvemento territorial mediante:

  • A análise e entendemento dos procesos de ocupación do solo
  • A posta en valor dos diferentes e diversos valores patrimoniais e físicos existentes

Achéganse claves interpretativas e criterios sistematizados para intervir dende unha lóxica integradora e de respecto polo medio

Establécense como obxectivo criterios e referencias para a axeitada consecución de:

  • A delimitación e as ordenacións urbanísticas dos núcleos rurais
  • A  localización e implantación da edificación no terreo
  • O entendemento dos principios de deseño en relación á construción, renovación ou ampliación de vivendas unifamiliares nos núcleos rurais ou na sua contorna
  • A urbanización e acondicionamento do espazo público dos núcleos
  • Exemplos de desenvolvemento dun deseño contemporáneo e sustentable
     
Documento/s relacionados
  • Guía de Boas Prácticas para a Intervención nos Núcleos Rurais Descargar  (45,9 MB)